Está a súa disposición co obxecto de sometelo a consultas, segundo establece a Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, o borrador do seguinte plan:
Procedemento: avaliación ambiental estratéxica simplificada.
Nome do plan: Proxecto de interese autonómico de ampliación e renovación do novo complexo hospitalario universitario da Coruña (CHUAC).
Promotor: Consellería de Sanidade.
Órgano substantivo: Axencia Galega de Infraestruturas (Encomenda do Conselleiro de Sanidade).
Expediente: 2022AAE2704.
O prazo para esta consulta está aberto dende o día 18.07.2022 ata o día 31.08.2022.