Está a súa disposición co obxecto de sometelo a consultas, segundo establece a Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, o borrador do seguinte plan:
Procedemento: avaliación ambiental estratéxica simplificada.
Nome do plan: Modificación da normativa urbanística do Plan parcial SUD-11 Dorneda-Campo de Golf para a incorporación de usos permitidos e compatibles dentro do uso global terciario.
Promotor: Xunta de compensación do sector SUD-11 Xaz.
Órgano substantivo: Concello de Oleiros.
Expediente: 2022AAE2707.
O prazo para esta consulta está aberto dende o día 22.07.2022 ata o día 06.09.2022.