Está a súa disposición co obxecto de sometelo a consultas, segundo establece a Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, o borrador do seguinte plan:
Procedemento: avaliación ambiental estratéxica simplificada.
Nome do plan: Modificación puntual núm. 1 do PXOM para aumentar a dotación do solo industrial, As Somozas.
Promotor: Concello das Somozas.
Órgano substantivo: Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Vivenda.
Expediente: 2022AAE2663.
No caso de que o estimen conveniente, prégase envíen as observacións e suxestións que considere oportunas en relación aos posibles efectos ambientais significativos do Plan.
O prazo para esta consulta está aberto dende o día 27.04.2022 ata o día 09.06.2022.