Está a súa disposición co obxecto de sometelo a consultas, segundo establece a Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, o borrador do seguinte plan:
Procedemento: avaliación ambiental estratéxica simplificada.
Nome do plan: Plan especial de infraestruturas e dotacións para creación de cemiterio na parroquia de San Xoán de Cerdeira.
Promotor: Comunidade de montes de Cerdeira.
Órgano substantivo: Concello das Neves.
Expediente: 2022AAE267.
No caso de que o estimen conveniente, prégase envíen as observacións e suxestións que considere oportunas en relación aos posibles efectos ambientais significativos do Plan.
O prazo para esta consulta está aberto dende o día 21.04.2022 ata o día 03.06.2022.