Está a súa disposición co obxecto de sometelo a consultas, segundo establece a Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, o borrador do seguinte plan:
Procedemento: avaliación ambiental estratéxica simplificada.
Nome do plan: Modificación puntual nº3 do Plan parcial do sector residencial deportivo Perbes en San Xoán de Vilanova, Miño.
Promotor: Concello de Miño.
Órgano substantivo: Concello de Miño.
Expediente: 2021AAE2633.
No caso de que o estimen conveniente, prégase envíen as observacións e suxestións que considere oportunas en relación aos posibles efectos ambientais significativos do Plan.
O prazo para esta consulta está aberto dende o día 15.12.2021 ata o día 27.01.2022.