Está a súa disposición co obxecto de sometelo a consultas, segundo establece a a Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia:
Procedemento: avaliación ambiental estratéxica simplificada.
Nome do plan: Modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal no ámbito do PERI-12 Antigo Colexio Manuel Peleteiro, Santiago de Compostela.
Promotor: Concello de Santiago de Compostela.
Órgano substantivo: Concello de Santiago de Compostela.
Expediente: 2021AAE2617.
No caso de que o estimen conveniente, prégase envíen as observacións e suxestións que considere oportunas en relación aos posibles efectos ambientais significativos do Plan.
O prazo para esta consulta está aberto dende o día 28.10.2021 ata o día 14.12.2021.