Está a súa disposición co obxecto de sometelo a consultas, segundo establece a a Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia:
Procedemento: avaliación ambiental estratéxica ordinaria.
Nome do plan: Modificación núm. 1 do “Proxecto sectorial de incidencia supramunicipal para o asentamento industrial de Lourizán (Pontevedra)”.
Promotor: ENCE ENERGÍA Y CELULOSA S.A.
Órgano substantivo: Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais - Vicepresidencia Segunda e Consellería De Economía, Empresa E Innovación.
Expediente: 2021AAE2624.
No caso de que o estimen conveniente, prégase envíen as observacións e suxestións que considere oportunas en relación aos posibles efectos ambientais significativos do Plan.
O prazo para esta consulta está aberto dende o día 15.11.2021 ata o día 29.12.2021.