Está a súa disposición co obxecto de sometelo a consultas, segundo establece a a Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia:
Procedemento: avaliación ambiental estratéxica simplificada.
Nome do plan: Modificación puntual do PXOM para a incorporación das determinacións correspondentes á declaración como espazo natural de interese local (ENIL) das Illas de San Pedro.
Promotor e órgano substantivo: Concello da Coruña.
Expediente: 2021AAE2630.
No caso de que o estimen conveniente, prégase envíen as observacións e suxestións que considere oportunas en relación aos posibles efectos ambientais significativos do Plan.
O prazo para esta consulta está aberto dende o día 01.12.2021 ata o día 17.01.2022.