Está á súa disposición, co obxecto de sometelo a consultas, segundo establece o artigo 83.2 da Lei 2/2017, do 8 de febreiro, de medidas fiscais, administrativas e de ordenación, o documento ambiental estratéxico e o borrador do seguinte:
Procedemento: avaliación ambiental estratéxica simplificada.
Nome do plan: Plan especial de infraestruturas e dotacións para construción de campamento turístico en solo rústico.
Promotor: Top Balea Beach, S.L.U.
Órgano substantivo: Concello do Grove.
Expediente: 2019AAE2313.
Código web: 2219/2019.
No caso de que o estimen conveniente, rógase envíen as observacións e suxestións que considere oportunas en relación aos posibles efectos ambientais significativos do plan.