Está a súa disposición co obxecto de sometelo a consultas, segundo establece a Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, o borrador do seguinte plan:
Procedemento: avaliación ambiental estratéxica simplificada.
Nome do plan: Proxecto de interese autonómico para ampliación do parque empresarial do Corgo (Lugo).
Promotor: Instituto Galego da Vivenda e Solo.
Expediente: 2021AAE2568.
No caso de que o estimen conveniente, prégase envíen as observacións e suxestións que considere oportunas en relación aos posibles efectos ambientais significativos do Plan.
O prazo para esta consulta está aberto dende o día 18.05.2021 ata o día 29.06.2021.