Está a súa disposición co obxecto de sometelo a consultas, segundo establece a Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, o borrador do seguinte plan:
Procedemento: avaliación ambiental estratéxica simplificada.
Nome do plan: Modificación puntual núm.3 do PXOM de Arzúa.
Promotor: Concello de Arzúa.
Órgano substantivo: Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo.
Expediente: 2021AAE2545.
Código web: 2396/2021.
No caso de que o estimen conveniente, prégase envíen as observacións e suxestións que considere oportunas en relación aos posibles efectos ambientais significativos do Plan.
O prazo para esta consulta está aberto dende o día 03.03.2021 ata o día 03.05.2021.