Está á súa disposición, co obxecto de sometelo a consultas, segundo establece o artigo 83.2 da Lei 2/2017, do 8 de febreiro, de medidas fiscais, administrativas e de ordenación, o documento ambiental estratéxico e o borrador do seguinte:
Procedemento: avaliación ambiental estratéxica simplificada.
Nome do plan: Plan especial infraestruturas do vial entre Cerdedo e Caroi, concello de Cerdedo-Cotobade.
Promotor: Concello de Cerdedo-Cotobade.
Órgano substantivo: Concello de Cerdedo-Cotobade.
Expediente: 2019AAE2357.
Código web: 2223/2019.
No caso de que o estimen conveniente, rógase envíen as observacións e suxestións que considere oportunas en relación aos posibles efectos ambientais significativos do plan.