Está a súa disposición co obxecto de sometelo a consultas, segundo establece a Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, o documento ambiental estratéxico e o borrador do seguinte plan:
Procedemento: avaliación ambiental estratéxica simplificada.
Nome do plan: Modificación do Plan de sectorización da IV fase do polígono empresarial de Lalín.
Promotor: Instituto Galego da Vivenda e Solo.
Órgano substantivo: Concello de Lalín.
Expediente: 2021AAE2542.
Código web: 2400/2021.
No caso de que o estimen conveniente, prégase envíen as observacións e suxestións que considere oportunas en relación aos posibles efectos ambientais significativos do Plan.
O prazo para esta consulta está aberto dende o día 17.03.2021 ata o día 18.05.2021