Está a súa disposición co obxecto de sometelo a consultas, segundo establece a Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, o borrador do seguinte plan:
Procedemento: avaliación ambiental estratéxica simplificada.
Nome do plan: Modificación puntual nº2 do Plan parcial do parque empresarial Os Airios, As Pontes de García Rodríguez.
Promotor: Concello das Pontes de García Rodríguez.
Órgano substantivo: Concello das Pontes de García Rodríguez.
Expediente: 2021AAE2548.
Código Web: 2399/2021.
No caso de que o estimen conveniente, prégase envíen as observacións e suxestións que considere oportunas en relación aos posibles efectos ambientais significativos do Plan.
O prazo para esta consulta está aberto dende o día 11.03.2021 ata o día 11.05.2021.