Está a súa disposición co obxecto de sometelo a consultas, segundo establece a Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, o borrador do seguinte plan:
Procedemento: avaliación ambiental estratéxica simplificada.
Nome do plan: Plan especial de infraestruturas e dotacións para nave de cursos de prevención de riscos laborais.
Promotor: Barbanza Prevención, S.L.
Órgano substantivo: Concello de Noia.
Expediente: 2021AAE2537.
Código web: 2393/2021.
No caso de que o estimen conveniente, prégase envíen as observacións e suxestións que considere oportunas en relación aos posibles efectos ambientais significativos do Plan.
O prazo para esta consulta está aberto dende o día 17.02.2021 ata o día 19.04.2021