Está a súa disposición co obxecto de sometelo a consultas, segundo establece a Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, o borrador do seguinte plan:
Procedemento: avaliación ambiental estratéxica simplificada.
Nome do plan: Modificación puntual do Plan parcial reformado do polígono residencial de Esteiro, Ferrol.
Promotor: Universidade da Coruña.
Órgano substantivo: Concello de Ferrol.
Expediente: 2021AAE2536.
Código Web: 2392/2021.
No caso de que o estimen conveniente, prégase envíen as observacións e suxestións que considere oportunas en relación aos posibles efectos ambientais significativos do Plan.
O prazo para esta consulta está aberto dende o día 12.02.2021 ata o día 12.04.2021.