Está a súa disposición co obxecto de sometelo a consultas, segundo establece a Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, o borrador do seguinte plan:
Procedemento: avaliación ambiental estratéxica simplificada.
Nome do plan: Plan parcial do sector de solo urbanizable SUD-R6 do PXOM de Ribadeo.
Promotor: Asociación xestora do sector SUD R-6.
Órgano substantivo: Concello de Ribadeo.
Expediente: 2020AAE2484.
Código web: 2391/2021.
No caso de que o estimen conveniente, prégase envíen as observacións e suxestións que considere oportunas en relación aos posibles efectos ambientais significativos do Plan.
O prazo para esta consulta está aberto dende o día 04.02.2021 ata o día 05.04.2021.