Está a súa disposición co obxecto de sometelo a consultas, segundo establece a Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, o borrador do seguinte plan:
Procedemento: avaliación ambiental estratéxica simplificada.
Nome do plan: Proxecto sectorial do parque empresarial de Bueu-Castiñeiras-Ampliación, no concello de Bueu (Pontevedra).
Promotor: APROINTER.
Expediente: 2020AAE2517.
Código web: 2373/2020.
No caso de que o estimen conveniente, prégase envíen as observacións e suxestións que considere oportunas en relación aos posibles efectos ambientais significativos do Plan.
O prazo para esta consulta está aberto dende o día 30.12.2020 ata o día 05.03.2021.