Está a súa disposición co obxecto de sometelo a consultas, segundo establece a Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, o borrador do seguinte plan:
Procedemento: avaliación ambiental estratéxica simplificada.
Nome do plan: Modificación puntual núm. 4 do Plan xeral de ordenación municipal no ámbito do polígono industrial David Ferrer Garrido, San Cibrao das Viñas.
Promotor: Concello de San Cibrao das Viñas.
Órgano substantivo: Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo.
Expediente: 2021AAE2530.
Código Web: 2388/2021.
No caso de que o estimen conveniente, prégase envíen as observacións e suxestións que considere oportunas en relación aos posibles efectos ambientais significativos do Plan.
O prazo para esta consulta está aberto dende o día 27.01.2021 ata o día 29.03.2021