Está á súa disposición, co obxecto de sometelo a consultas, segundo establece o artigo 83.2 da Lei 2/2017, do 8 de febreiro, de medidas fiscais, administrativas e de ordenación, o documento ambiental estratéxico e o borrador do seguinte:
Procedemento: avaliación ambiental estratéxica simplificada.
Nome do plan: Modificación puntual das Normas subsidiarias de planeamento municipal referida a regulación da implantación de novas gasolineiras no ámbito do solo urbano residencial e dos núcleos rurais, Betanzos.
Promotor: Concello de Betanzos.
Órgano substantivo: Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo.
Expediente: 2019AAE2350.
Código web: 2217/2019.
No caso de que o estimen conveniente, rógase envíen as observacións e suxestións que considere oportunas en relación aos posibles efectos ambientais significativos do plan.