Reciba a información recompilada pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.
A dirección de correo electrónico do subscritor.

Está a súa disposición co obxecto de sometelo a consultas, segundo establece a Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambienta, o borrador do seguinte plan:
Procedemento: avaliación ambiental estratéxica simplificada.
Nome do plan: Proxecto sectorial do Campus Tecnolóxico Cortizo, nos concellos de Padrón e Rois.
Promotor: ALUMINIOS CORTIZO SAU.
Órgano substantivo: Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais.
Expediente: 2020AAE2504.
Código web: 2370/2020.
No caso de que o estimen conveniente, prégase envíen as observacións e suxestións que considere oportunas en relación aos posibles efectos ambientais significativos do Plan.
O prazo para esta consulta está aberto dende o día 10.12.2020 ata o día 16.02.2021.