Reciba a información recompilada pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.
A dirección de correo electrónico do subscritor.

Está á súa disposición, co obxecto de sometelo a consultas segundo establece o artigo 83.2 da Lei 2/2017, do 8 de febreiro, de medidas fiscais, administrativas e de ordenación, o documento ambiental estratéxico e o borrador do seguinte Plan:
Nome do plan: Instrumento de ordenación provisional no lugar do Campo.
Promotor e órgano substantivo: Concello de Mesía.
Expediente: 2018AAE2184.
Código web: 2194/2019.
No caso de que o estimen conveniente, prégase envíen as observacións e suxestións que considere oportunas en relación aos posibles efectos ambientais significativos do Plan.