Está a súa disposición co obxecto de sometelo a consultas, segundo establece o artigo 60.4 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, o borrador do seguinte plan:
Procedemento: avaliación ambiental estratéxica simplificada.
Nome do plan: Modificación puntual núm. 7 do Plan xeral de ordenación municipal, aliñacións en Quintela e A Barreira, Carballo.
Promotor: Concello de Carballo.
Órgano substantivo: Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo.
Expediente: 2020AAE2499.
Código Web: 2358/2020.
No caso de que o estimen conveniente, prégase envíen as observacións e suxestións que considere oportunas en relación aos posibles efectos ambientais significativos do Plan.
O prazo para esta consulta está aberto dende o día 06.11.2020 ata o día 07.01.2021.