Está a súa disposición co obxecto de sometelo a consultas, segundo establece a Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, o borrador do seguinte plan:
Procedemento: avaliación ambiental estratéxica ordinaria.
Nome do plan: Plan xeral de ordenación municipal do concello de Abegondo.
Promotor: Concello de Abegondo.
Órgano substantivo: Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo.
Expediente: 2020AAE2425.
Código web: 2324/2020.
No caso de que o estimen conveniente, prégase envíen as observacións e suxestións que considere oportunas en relación aos posibles efectos ambientais significativos do Plan.
O prazo para esta consulta está aberto dende o día 25/06/2020 ata o día 25/08/2020.