Está á súa disposición, co obxecto de sometelo a consultas segundo establece o artigo 60.4 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do Solo de Galicia o documento ambiental estratéxico e o borrador do seguinte:
Procedemento: avaliación ambiental estratéxica simplificada.
Nome do plan: Plan especial de infraestruturas e dotacións para integración das infraestruturas ferroviarias e conexións coa trama urbana, concello de Láncara.
Promotor: Concello de Láncara.
Órgano substantivo: Concello de Láncara.
Expediente: 2019AAE2296.
Código web: 2171/2019.
No caso de que o estimen conveniente, rógase envíen as observacións e suxestións que considere oportunas en relación aos posibles efectos ambientais significativos do plan.