Está a súa disposición, co obxecto de sometelo a consultas, segundo establece o artigo 60.4 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, o documento ambiental estratéxico e o borrador do seguinte plan:
Procedemento: avaliación ambiental estratéxica simplificada.
Nome do plan: Modificación puntual das Normas subsidiarias de planaemento de Sarria para a creación de bolsa de solo urbanizable de uso industrial no lugar de San Xulián, con ordenación detallada.
Promotor: Concello de Sarria.
Órgano substantivo: Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo.
Expediente: 2019AAE2402.
Código web: 2280/2019.
No caso de que o estimen conveniente, rógase envíen as observacións e suxestións que considere oportunas en relación aos posibles efectos ambientais significativos do plan.