Está a súa disposición, co obxecto de sometelo a consultas, segundo establece o artigo 60.4 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, o documento ambiental estratéxico e o borrador do seguinte plan:
Procedemento: avaliación ambiental estratéxica simplificada.
Nome do plan: Modificación do Plan parcial para desenvolvemento do solo urbanizable residencial 23-3 Pousadouro-Reboreda.
Promotor: Pontepalma, S.L.U.
Órgano substantivo: Concello de Redondela.
Expediente: 2019AAE2413.
Código web: 2281/2019.
No caso de que o estimen conveniente, rógase envíen as observacións e suxestións que considere oportunas en relación aos posibles efectos ambientais significativos do plan.