Está á súa disposición, co obxecto de sometelo a consultas segundo establece o artigo 60.4 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do Solo de Galicia o documento ambiental estratéxico e o borrador do seguinte:
Procedemento: avaliación ambiental estratéxica simplificada.
Nome do plan:Plan especial de infraestruturas e dotacións para centro de terceira idade.
Localización: parcelas sitas no camiño de Agrelo, Asnelle de Abaixo, Reboreda, concello de Redondela.
Promotor: Adoral Requejo, S.L.
Órgano substantivo: Concello de Redondela.
Expediente: 2019AAE2324.
Código web: 2209/2019.
No caso de que o estimen conveniente, rógase envíen as observacións e suxestións que considere oportunas en relación aos posibles efectos ambientais significativos do plan.