Reciba a información recompilada pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.
A dirección de correo electrónico do subscritor.

Está á súa disposición, co obxecto de sometelo a consultas segundo establece o artigo 60.4 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do Solo de Galicia o documento ambiental estratéxico e o borrador do seguinte:
Procedemento: avaliación ambiental estratéxica simplificada.
Nome do plan: Plan especial director de ordenación e rehabilitación do Camiño Francés (PE-3) do concello de Santiago de Compostela.
Promotor: Concello de Santiago de Compostela.
Órgano substantivo: Concello de Santiago de Compostela.
Expediente: 2019AAE2300.
Código web: 2176/2019.
No caso de que o estimen conveniente, rógase envíen as observacións e suxestións que considere oportunas en relación aos posibles efectos ambientais significativos do plan.