Está á súa disposición, co obxecto de sometelo a consultas segundo establece o artigo 60.4 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do Solo de Galicia o documento ambiental estratéxico e o borrador do seguinte:
Procedemento: avaliación ambiental estratéxica simplificada.
Nome do plan: Plan especial de infraestruturas e dotacións para construción dunha unidade residencial en solo rústico, As Pontes de García Rodríguez.
Promotor: Asociación Saúde Mental Ferrol, Eume e Ortegal.
Órgano substantivo: Concello das Pontes de García Rodríguez.
Expediente: 2019AAE2335.
Código web: 2214/2019.
No caso de que o estimen conveniente, rógase envíen as observacións e suxestións que considere oportunas en relación aos posibles efectos ambientais significativos do plan.