Está a súa disposición co obxecto de sometelo a consultas, segundo establece o artigo 64.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, o borrador do seguinte plan:
Procedemento: avaliación ambiental estratéxica simplificada.
Nome do plan: Modificación puntual do Plan parcial do sector de solo urbanizable SU-22 de Magor-Noalla (Sanxenxo).
Promotor: Xunta de compensación do sector de solo urbanizable SU-22.
Órgano substantivo: Concello de Sanxenxo.
Expediente: 2020AAE23432.
Código web: 2298/2020.
No caso de que o estimen conveniente, rógase envíen as observacións e suxestións que considere oportunas en relación aos posibles efectos ambientais significativos do plan.