Está á súa disposición, co obxecto de sometelo a consultas, segundo establece a Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental o documento ambiental estratéxico e o borrador do seguinte plan:
Procedemento: avaliación ambiental estratéxica simplificada.
Nome do plan: Modificación 3 do Proxecto sectorial do Parque empresarial de As Gándaras en Lugo.
Promotor: Xestión do Solo de Galicia-XESTUR, S.A.
Órgano substantivo: Instituto Galego de Vivenda e Solo.
Expediente: 2019AAE2385.
Código web: 2253/2019.
No caso de que o estimen conveniente, rógase envíen as observacións e suxestións que considere oportunas en relación aos posibles efectos ambientais significativos do plan.