Está a súa disposición co obxecto de sometelo a consultas para a elaboración do documento de alcance do EsIA, segundo establece o artigo 46 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, modificada pola Lei 9/2018, do 5 de decembro, o documento ambiental do seguinte proxecto.
Plan de restauración e abandono de labores da concesión de explotación "Cea" nº 2666.
Expediente: 2020/0213.
Procedemento: avaliación de impacto ambiental simplificada.
No caso de que o estimen conveniente, prégase envíen as observacións e suxestións de carácter ambiental que considere oportunas en relación co alcance que debería ter o estudo de impacto ambiental do proxecto.
O prazo para esta consulta estará aberto durante 30 días hábiles.