-A Educación Ambiental resulta clave para comprender as relacións existentes entre os sistemas naturais e as persoas, así como para conseguir unha percepción máis clara da importancia dos factores socioculturais na orixe dos problemas ambientais e chamar á acción para o fomento de comportamentos sustentables co planeta.
-A Interpretación Ambiental é unha forma especial de comunicación que involucra a un guía ou orador que recibe a un público visitante, sexa nun centro de interpretación, un museo, unha área natural, etc., mediante a cal se transmiten e comparten coñecementos, experiencias e valores que contribúen á concienciación e conservación dunha especie ou un espazo protexido.
-O Voluntariado Ambiental é aquel que ten como fundamento e obxectivo a realización de accións de conservación do Medio Ambiente e está organizado por administracións públicas, asociacións e ONG’ s ou por departamentos de Responsabilidade Social das Empresas.
Contenido
