Non especifica.
O certame “Menos bolsas, máis vida” desenvolvido en dúas fases, convidou aos alumnos e alumnas dos centros de ensino primario de Galicia a enviar propostas de deseño para seren aplicadas nunha bolsa de merenda. O deseño seleccionado, elixido pola súa orixinalidade e a súa relación coa campaña de sensibilización que se está a desenvolver entre as 120 propostas presentadas, será o protagonista das 3.000 bolsas de merenda de tea que se repartirán nos centros escolares de Galicia co obxectivo de concienciar ao alumnado sobre a necesidade de reducir o consumo de bolsas de plástico dun só uso.
O deseño galardoado pertence a un alumno de 12 anos do Colexio Plurilingüe Mariano de Vigo.
A este evento asistiu a Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, María Cruz Ferreira, quen fixo entrega ademais dun cheque por importe de 250€ para o alumno e outro para o seu centro, destinados á compra de material escolar.
