Data de inicio
Data de finalización
Tipo de actividade
Campañas
Organizador
Cosellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.
Ámbito
Galicia
Contenido
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda entrega mañá venres 7 de xuño o premio da edición escolar do concurso de deseño "Menos bolsas, máis vida".
O deseño seleccionado, elixido pola súa orixinalidade e a súa relación coa campaña de sensibilización que se está a desenvolver entre as 120 propostas presentadas, será o protagonista das 3.000 bolsas de merenda de tea que se repartirán nos centros escolares de Galicia co obxectivo de concienciar ao alumnado sobre a necesidade de reducir o consumo de bolsas de plástico dun só uso.
