Data límite para completala: 31 de xullo
Entender mellor a relación que teñen as persoas cos ecosistemas fluviais a través dunha breve enquisa. Coñecer que sabe e como percibe a cidadanía os servizos que nos ofrecen os ríos e os seus ecosistemas. Por iso, esta enquisa axudaranos a comprender mellor a relación da comunidade con estes espazos naturais e a impulsar accións para a súa protección e uso responsable.
Esta acción desenvólvese no marco do Proxecto Fluviatilis no que participa ADEGA canda a outras catro organizacións conservacionistas do Estado, e que ten como obxectivo concienciar sobre as ameazas que sofren os ríos e fomentar actitudes responsables cos ecosistemas fluviais.
Fluviatilis conta co apoio da Fundación Biodiversidade do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU.
