O proxecto europeo EU-FarmBook traballa a nivel rexional, nacional e europeo (UE) para facer que o coñecemento sobre agricultura e silvicultura sexa máis accesible, fácil de atopar, interoperable e reutilizable a través dunha plataforma en liña fácil de usar. No marco do proxecto están a realizar unha enquisa sobre como podemos brindar apoio aos proxectos de investigación para difundir os seus resultados a profesionais, estudantes e asesores.
A enquisa poderase cubrir ata o 2 de xaneiro 2025, a través das seguintes ligazóns:
Para o persoal educativo (por exemplo, profesores universitarios, profesores de escolas profesionais, formadores): https://forms.office.com/e/MDqvNwsw2P
Para proxectos (por exemplo, coordinadores, investigadores, colaboradores involucrados en actividades de difusión ou explotación): https://forms.office.com/e/MDqvNwsw2
