Enquisa aberta ata o 17 de abril de 2026
A Comisión Europea está a preparar a cuarta Conferencia Europea de Investigación Agrícola, que se celebrará os días 24 e 25 de setembro de 2026 en Bruxelas.
O obxectivo xeneral da Conferencia é presentar o novo enfoque estratéxico para o I+D agrícola, forestal e rural financiada pola UE que se atopa actualmente en preparación (https://agriculture.ec.europa.eu/overview-vision-agriculture-food/resea…).
A Conferencia será fundamental para cumprir coa ambición da Visión para a Agricultura e a Alimentación, ao proporcionar un espazo de reflexión coas partes interesadas para a identificación das necesidades prioritarias de investigación e innovación nestas áreas, que se abordarán no marco do próximo Programa Marco de Investigación e Innovación da UE 2028-2034 (FP10) e o futuro Fondo Europeo de Competitividade (FEC).
