Reciba a información recompilada pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.
A dirección de correo electrónico do subscritor.

Encontro de educadoras e educadores ambientais de Galicia: Un espazo para a reflexión e o intercambio en tempos de emerxencia climática. #EA26Galicia

Data de inicio
Data de finalización
Tipo de actividade
Xornadas
Organizador
CEIDA -Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia.
Ámbito
Galicia
Contenido

#EA26Galicia é unha xornada de participación sobre os retos e os desafíos que a situación de emerxencia climática supón para os profesionais, así como os problemas e propostas de solución sobre a realidade da profesionalización da Educación Ambiental en Galicia. Este evento quere aportar tamén, unha oportunidade para xerar sinerxias e alianzas de traballo, para o coñecemento informal de novas iniciativas que xurdiran nos últimos anos, e unha escusa para o reencontro.
Esta xornada xorde no marco da iniciativa #EA26 (https://educacionambiental26.com), encontro virtual mensual que manteñen profesionais da Educación Ambiental en Twitter dende hai 4 anos, co fin de compartir reflexións, experiencias ou proxectos de futuro. Este movemento virtual foi quen de visibilizar e darlle espazo nas redes sociais á educación ambiental, pero tamén leva convocado dous encontros presenciais de educadores e educadoras en Madrid.