Data de inicio
Data de finalización
Tipo de actividade
Outras actividades
Organizador
CEIDA -Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Ámbito
Galicia
Contenido
Os desafíos aos que se enfrontan os nosos océanos e os efectos que neles producen as actividades humanas será o tema que abordará a oceanógrafa viguesa e catedrática da Universidade de California, Débora Iglesias, na súa visita ao CEIDA. A investigadora, referente internacional no estudo da diversidade e a función do fitoplancton mariño, presentará na nosa sede o seu libro, 'The Future of Marine Life in a Changing Ocean', no que resume tres décadas de coñecemento sobre o medio mariño, coas súas ameazas, variacións na diversidade dos ecosistemas e, incluso, unha análise do custo do cambio climático na seguridade alimentaria.
