O prazo para inscribirse é ata o 4 de abril de 202
Este curso pretende unir contidos ambientais coa innovación educativa e construír as bases dunha relación socioambiental que nos leve á sostibilidade nos centros educativos.
-Comprender os cambios globais que a actividade humana está a provocar sobre o funcionamento do sistema Terra, así como as súas consecuencias socioambientales.
-Entender os motivos e argumentos polos que apostar por un cambio metodolóxico nos contextos educativos para potenciar a transformación social cara á sustentabilidade.
-Coñecer algunhas metodoloxías activas como estratexia de ensino e aprendizaxe.
-Enlazar a problemática ambiental coas nosas actividades cotiás, analizando diversas alternativas que se dirixan cara á sostibilidade e que partan de accións individuais, colectivas e educativas.
-Coñecer métodos e estratexias educativas para promover a transformación socioambiental desde as aulas.
-Dar a coñecer redes, proxectos, axentes implicados e propostas enmarcadas.
