O curso de Educación e Interpretación Ambiental capacitará aos alumnos para desempeñar unha labor profesional como educadores/as ambientais, tanto no ámbito público como no privado.
Reforzando os coñecementos sobre a problemática ambiental actual e os efectos do cambio global, este programa formativo incide principalmente nos aspectos educativos esenciais para desempeñar a devandita labor con garantías.
Formarase ao alumno na preparación e realización de actividades de educación ambiental, no desenvolvemento de materiais para a interpretación ambiental e na elaboración de programas de educación ambiental.
Tamén se traballará a importancia da comunicación para a interpretación ambiental, a prevención de riscos en actividades no medio natural, as responsabilidades e a estratexia de acción da educación ambiental.
Contenido
