Reciba a información recompilada pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.
A dirección de correo electrónico do subscritor.

Ecoplástika

Data de inicio
Data de finalización
Tipo de actividade
Outras actividades
Organizador
Cicoplast
Ámbito
Estatal
Contenido

Un xogo en liña gratuíto a través do cal pretende transmitir a importancia da reciclaxe de plásticos.
Está orientado a estudantes de 3º a 6º curso de Educación Primaria. Desenvólvese por equipos, nun escenario virtual ao que se accede tras rexistrarse na páxina ecoplastika. com
O profesor actúa como dinamizador do xogo, para o cal Cicloplast proporciona unha explicación da operativa do mesmo, un documento coas preguntas e respostas (máis de 90), argumentando estas últimas, e todo isto acompañado por material divulgativo de apoio que facilite o labor docente.
Cada equipo responderá ás preguntas que se lle formulen elixindo entre catro opcións e, o que supere a primeira fase, será o encargado de desafiar a Ecoplástika, icona do taller, na gran final. A pretensión é que a actividade se converta nun exercicio de traballo pedagóxico e, ao mesmo tempo, divertido.