Data de inicio
Data de finalización
Tipo de actividade
Outras actividades
Organizador
CEIDA
Inscrición
Confirmar asistencia no formulario
Ámbito
Galicia
Contenido
Xuño trae consigo unha das épocas do ano que máis disfrutamos na biblioteca verde do CEIDA: a de abrir as portas ao xardín, sacar os libros ao exterior e deixar que a lectura se mesture cos sons, os aromas e as cores da natureza. Co Día Mundial do Medio Ambiente á volta da esquina, regresa o Ecomenú Literario, unha proposta de lectura en voz alta, diálogo e reflexión compartida para reconectar coa natureza a través das palabras.
Durante a actividade, dirixida a público adulto e xuvenil (a partir de 16 anos), as persoas participantes poderán descubrir unha selección de textos e lecturas preparadas para a ocasión, nun menú degustación inspirado na natureza, a emoción e a escoita colectiva.
