Data de inicio
Data de finalización
Tipo de actividade
Outras actividades
Organizador
CEIDA
Inscrición
Cubrir formulario
Ámbito
Galicia
Contenido
Durante o mes de abril conmemóranse dúas datas moi especiais para o CEIDA: o 22 de abril, Día da Terra; e o 23 de abril, Día do Libro. Neste 2022 o equipo de Documentación celebrará ditas efemérides cunha nova edición do Ecomenú Literario, actividade de lectura en voz alta para saborear a natureza a través dos libros e das palabras.
O ecomenú literario está dirixido a público adulto, e os/as comensais poderán gozar dun menú degustación deseñado para a ocasión. O obxectivo é crear un espazo para a reconexión coa natureza e todas as formas de vida, a lectura e a reflexión colectiva.
