Dado o excepcional momento no que nos atopamos como consecuencia da crise sanitaria orixinada polo COVID-19, Ecovidrio lanza esta páxina web na que se recollen interesantes propostas educativas e divulgativas para maiores e pequenos.
Con esta iniciativa preténdese que os cidadáns, confinados nas súas casas, poidan incrementar os seus coñecementos medioambientais e, ao mesmo tempo, dispoñan dunha ferramenta de entretemento para toda a familia.
O sitio web nútrese con actividades específicas para os escolares, vídeos, documentais, bailes de cantaxogos, xogos de misterios, pero tamén con información específica sobre o sector dos residuos e, máis específicamente, sobre un material 100% reciclable como é o vidro, que responde perfectamente ao concepto de economía circular.
Contenido
