Poden participar todas as persoas intersadas compartindo fotografías da natureza.
Teñen cabida todo tipo de fotografías de natureza, polo que poden enviarse fotografías dos nosos parques e outras áreas protexidas. Nesta edición apóstase especialmente pola natureza máis próxima, máis cotiá, máis accesible. Trátase, pois, de poñer en valor a través da fotografía a natureza máis inmediata de xardíns, parques urbanos, periurbanos e metropolitanos, tamén a natureza dos espazos protexidos máis próximos a pobos e cidades. A campaña arrinca o 5 de xuño, Día Mundial do Medio Ambiente, e terminará o Día da Fotografía de Natureza, o 15 de xuño.
As áreas protexidas están convidadas a sumarse á celebración, cuxo obxectivo último é promover o goce da fotografía da natureza e divulgar como se utilizan as imaxes para avanzar na conservación da natureza.
Asociación Española de Fotógrafos de Naturaleza, AEFONA
Ata o 15 de xuño de 2020
