Data de inicio
Data de finalización
Tipo de actividade
Outras actividades
Organizador
Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
Ámbito
Galicia
Contenido
O Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia ofrecerá esta primavera un total de 140 prazas para participar en rutas guiadas polos catro arquipélagos co fin de dar a coñecer entre os visitantes os seus principais valores e singularidades nunha época do ano distinta ao verán e na que, ademais, moitos procesos naturais se poñen en marcha nas illas.
Xa está aberto o prazo de inscrición e as persoas que queiran participar nalgunha das rutas ofertadas poderán anotarse ata catro días antes da data da visita nas oficinas do Centro de Visitantes do Parque Nacional en Vigo ou na páxina web do Parque.
