Reciba a información recompilada pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.
A dirección de correo electrónico do subscritor.

"Descubrindo o Parque Nacional". Rutas de primavera no Parque Nacional das Illas Atlánticas

Data de inicio
Data de finalización
Tipo de actividade
Outras actividades
Organizador
Parque Nacional das Illas Atlánticas
Ámbito
Galicia
Contenido

Este ano organizaranse 6 visitas guiadas entre febreiro, marzo e abril aos 4 arquipélagos do Parque Nacional.
Estas rutas fanse con grupos reducidos coa fin de poder ofrecer a máxima calidade de visita a este espazo protexido. Para dar oportunidade de participar ao máximo de persoas posibles, os participantes só se poderán apuntar a unha delas. Habilitarase tamén unha listaxe de agarda, coa que cubrir posibles baixas.
A ruta guiada en si non ten custe xa que a realizan o propio equipo de guías do Parque Nacional. Os participantes unicamente deberan aboar o custe do transporte en barco á illa. Este transporte realízase en distintos tipos de embarcación (catamarán grande, lancha pequena, etc), dependendo do arquipélago a visitar e do número de participantes. O pago deste transporte farase anticipadamente, para evitar os efectos da cancelación de última hora.
Inscricións: catro días antes da realización de cada ruta.